miércoles, 29 de enero de 2020

CONTACONTOS CON SONIDO A BOMBARDINO

Este luns tivemos a sorte de contar cunha visita moi especial. Xa que no cole estamos co proxecto "Do, Re, Mi...bailamos porque sí", Dani o tío de Enzo de 3 anos quixo celebrar o seu aniversario facendo un contacontos para infantil no que, ao ritmo do seu bombardino, recreou a historia de "As clases de tuba". Nel puidimos gozar de notas graves e agudas e de  diferentes ritmos segundo ía pasando a historia...Despois puidemos gozar cun mini concerto con cancións moi coñecidas sobre o circo que debíamos adiviñar e poñer letra. Grazas Dani pola túa visita e por facernos pasar un rato tan divertido e moitísimas felicidades para Enzo!!









lunes, 27 de enero de 2020

Exposición "Sonoro empeño"


Aquí tedes as fotos da saída que fixemos a semana pasada á exposición "Sonoro empeño", non podiamos estar máis ilusionados xa que era a nosa primeira saída deste curso escolar, e para os pequenos de tres, a súa primeira saída do cole!

Puidemos gozar dunha selección de obras de arte de autores como Kandinsky, Pablo Picasso, Castelao ou Luís Seoane, entre moitas máis figuras notables da arte. Os guías explicáronnos a relación entre a música e os cadros que observabamos e estivemos moi atentos. Pasámolo xenial e estamos a desexar repetir pronto!




viernes, 17 de enero de 2020

Obradoiros de Nadal

Aquí tedes un video coas fotos dos obradoiros que fixemos polo Nadal. Despois de reunirnos todos xuntos na biblioteca para ler un conto moi especial, "La Navidad de Nono", distribuímonos por equipos e pusémonos mans a obra. Preparamos unhas madalenas deliciosas e experimentamos con distintos materiais para facer neve.
Esperamos que gozásedes das vacacións. Agora a retomar o curso con enerxía!

viernes, 10 de enero de 2020

Chegaron os Reis Magos ao cole

Hoxe voltamos ao cole logo dunhas merecidas vacacións e cando xa pensábamos que os Reis Magos pasaran de largo, chegou unha carta que os pequenos de 4 e 5 anos tiveron que adiviñar o lugar onde nos deixaron uns agasallos. Pero antes de atopalos gozamos ca lectura dun conto .
Qué ilusión nos fixo!