jueves, 30 de abril de 2020

ORELLAS DE BOLBORETA

O 2 de maio é o día Internacional contra o Acoso Escolar e para conmemoralo queremos deixarvos este conto que  tanto nos gusta.
Orellas de Bolboreta é un conto da Editorial Kalandraka escrito por Luisa Aguilar e ilustrado por André Neves e nós fixemos unha adaptación en stopmotion.


Ademáis, cremos que a mellor defensa é unha boa prevención, asique ademáis de conciencialos e traballar a empatía para evitar que se dean este tipo de situacións, é tamén moi importante traballar a autoestima, polo que vos propoñemos a seguinte actividade. 


ELABORAR UN AUTORRETRATO:
 Artistas célebres como Van Gogh traballaron o autorretrato , tal e como podedes ver neste enlace
 (👉Autorretratos Van Gogh). É unha gran forma de observarnos e coñecernos mellor.

A proposta é a seguinte. Diante dun espello observarnos detidamente e facer un autorretrato co material que prefiran:  lápis de cores, rotuladores, pintura de dedos,pincel,  combinando técnicas.... 
Unha vez finalizado, ir comentando aquelas cousas que se nos dan ben : habilidades, destrezas, caracterísitas emocionais (son amable, son simpático, sei contar contos....) e plasmalas tamén no noso debuxo. 
A idea é, ademáis de traballar a observación, o esquema corporal , o trazo e a expresión a través do debuxo, reforzar a autoestima facendo fincapé nos aspectos positivos.

EXPERIMENTO DE ABSORCIÓN 

Outra das experiencias que vos propoñemos é este experimento de absorción para reflexionar, de forma práctica e visual, sobre a beleza e importancia de ser totalmente diferentes entre nós. 





miércoles, 29 de abril de 2020

XOGUETES CON MATERIAIS RECICLADOS



Cada día, centos de millóns de toneladas de diferentes obxectos enchen de lixo todo o mundo. Por este motivo, é cada vez máis importante ensinar aos nenos a importancia da reciclaxe. 

As actividades de reciclaxe permíten traballar a importancia de coidar o medioambiente á vez que facemos algo divertido. Ademais, as manualidades axúdan a desenvolver a imaxinación, creatividade e motricidade. 

 Hoxe, queremos compartir algunhas magníficas ideas de reciclaxe e manualidades que se poden facer coas cousas que temos en casa. 


Colle cartóns, tapóns, revistas e imos ao choio... dálle ao link para empezar....

https://issuu.com/librincios/docs/xoguetes_con_materiais_reciclados_2_ 



 

 

Gozade facendo vosos propios xoguetes. 

martes, 28 de abril de 2020

BESOS, BESOS


As profes de infantil temos moitas ganiñas de facervos saber o moito que vos botamos de menos. Por iso fixemos un conto especial versionando un conto titulado Besos, besos de Selma Mandine. 
Fixémolo con todo o noso cariño...esperemos que vos guste!

Este sería o enlace:






O conto orixinal se o queredes ver e ler é o que aparece no seguinte enlace:








E se vos apetece facer algunha actividade que teña que ver con esta temática, deixámosvos aquí un novo enlace para crear un saquiño ou caixiña dos bicos e unha proposta de arte!.













lunes, 27 de abril de 2020

Fogares conectados, luns 27 de abril.

Mara
Mara envíanos estos sacapenas que fixo coa súa nai a partir do conto Sacapenas que está colgado no blog da biblio.
Moitas grazas Mara!😍

Nuno
E Nuno tamén nos deixa sen palabras con un minilibro de Pokemon escrito e contado por el mesmo. Noraboa!



Moitas grazas Nuno!😍

PROPOSTA DE AL PARA ESTA SEMANA

Bos días familias! Qué tal vos sentou onte o paseiño? Seguro que fenomenal. Hoxe aínda que chova xa sabedes, botiñas e chubasqueiros e listos para un novo paseíño...Veña que cada día xa estamos máis preto de volver a vernos...
A profe Noe deixounos unha pequena sesión de AL por se vos interesa facela cos pequerrechos...
Moito ánimo e feliz semana... Aquí vos vai:




Ola familias!!, esta semana dende Audición e Linguaxe, imos traballar un pouco a CONCIENCIA LÉXICA e para iso  propoñemos un xogo de construír frases (dependendo das idades podedes facer o nivel 1 ou 2, e se estades moi, moi, moi animados…. incluso podes intentar o nivel 3) .
Accede aquí al material INTERACTIVO de “Ordeno y construyo frases” ( a mellor versión para descargalo é en PPSX).

viernes, 24 de abril de 2020

A mellor sopa do mundo

Ola nenos e nenas! Hoxe traémosvos un conto que esperamos que vos guste: "A mellor sopa do mundo". Está escrito por Susanna Isern e ilustrado por Mar Ferrero, e editado por OQO editora.
Clicade no enlace para velo!

Os deixamos algunhas propostas que podedes levar a cabo a partir do conto:
  • Podedes establecer un diálogo cos vosos fillos e fillas para recordar que alimento traía cada animal para botarlle a sopa, quen chegaba antes a casa de Tartaruga, quen chegaba despois...
  • Meter os vexetais que teñades na casa nunha bolsa e os nenos e nenas cos ollos tapados deben sacar un e adiviñar cal é polo tacto.  Aproveitade para que describan o máximo de características posibles.
  • Achegar aos cativos á arte de Arcimboldo. Unha das súas series máis coñecidas é a de "As Estacións", onde Arcimboldo crea uns característicos retratos dando rostro a cada unha das estacións do ano a partir dos elementos característicos que conforman o seu clima, vexetación, cores e ambiente.

Despois animádevos a facer as vosas propias composicións.
  • Estampar os diferentes vexetais ou froitas e observar as diferentes formas que saen. Aproveitade para deixar voar a imaxinación e realizar as vosas obras de arte.🍅🍆🍏🍋



  • Facer unha tartaruga. Podedes crear á protagonista do conto con material de reciclaxe.🐢
    Bicos a moreas!💋




jueves, 23 de abril de 2020

CONTO: ROSA CARAMELO




 O conto que imos representar titúlase: 

ROSA CARAMELO.





Autora Adela Turin, ilustrado por Nella Bosnia 
 Editorial kalandraca.

 O argumento do conto céntrase na liberdade e a igualdade... "Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus papás desisten de impoñerlle ese aspecto, por fin descubrirá o significado da liberdade e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras"

ESPERO QUE VOS GUSTE MOITO

CLICADE NA LIGAZÓN PARA PODER VELO: 





 A CONTINUACIÓN TEDES ALGUNHAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO CONTO:


1. FLOR DE ORIGAMI  



2. CARTA DE CORES: BUSCAMOS A COR ROSA E A COR GRIS
https://issuu.com/librincios/docs/carta_de_cores







miércoles, 22 de abril de 2020

FOGARES CONECTADOS, MÉRCORES 22 DE ABRIL

SARA
Sara tamén nos enviou unhas fotos do moito que estivo traballando durante as vacacións e á volta delas! 
Ela e súa irmá Helena forman un gran equipo e están moi entretidas coas diferentes tarefas aínda que xa temos ganas de volver a ver aos compis!  Ánimo que o estades a facer xenial, xa falta menos!

LAVAR XOGUETES

 MOTRICIDADE FINA

CABANAS PARA CONTAR CONTOS




DOCES DE CHOCOLATE




E ATA UNHA CASIÑA PARA PAXAROS 



E para rematar cóntanos este conto tan chulo de "

Gracias Sara!👏👏


EVA

Tamén recibimos novas de Eva , que tamén está moi ocupada! Mirade!


RECREANDO CADROS DE GOYA CO SEU CURMÁN JORGE




 COCIÑANDO














DÁNDOLLE AO COCO CON XOGOS DE LÓXICA




LECTOESCRITURA CON LETRAS DE MADEIRA




Gracias Eva!!👏



LUCÍA

Tamén recibimos novas de Lucía , que nos envía unhas fotos de algúns dos seus traballos nestes días. Botade un ollo!
UN MONTÓN DE LETRAS CON ACUARELA



UN ARCO DA VELLA PARA DARNOS ÁNIMOS








👈Cartas que intercambia con unha das amigas do cole👉























Moitas gracias Lucía!👏




NUNO


E Nuno deixanos este agasallo! Aquí o tedes en pleno concerto!🎸
                                                                 CONCERTO NUNO👈👌

Moitas gracias Nuno!!👏


A OVELLIÑA QUE VEU CEAR



Hoxe queremos compartir convosco o conto : "A ovelliña que veu cear "







Este conto da editorial Belascoa está escrito por Steve Smallman e ilustrado por Joelle Dreidemy e fala da AMIZADE e a  EMPATÍA. Do difícil e importante que é tentar ser capaces de POÑERNOS NA PEL DOS DEMÁIS e  tentar comprendelos e ,o que é máis difícil ás veces, comprender as nosas propias emocións.

 Agardamos que vos guste tanto como a nós.


Deixámosvos aquí unhas actividades relacionadas co conto.

👉RECEITA DE GALLETAS DE CENORIA  (o postre favorito de ovelliña 😋😉)

e tamén un 👉XOGO DE MESA  e as 👉FICHAS E MANUAL para que percorrades, con lobo e ovella, o camiño de volta á casa dende o bosque.

Tamén vos deixamos o xogo do  👉TIRACONTOS  para que poidades contar os vosos contos despois de cear (ou antes, iso como prefirades 😄).


Aproveitamos para lembrarvos que dende os outros blogues do cole tamén nos seguen facendo propostas, como esta, do blogue de Inglés
👉CONTO: THE VERY HUNGRY CATERPILLAR

martes, 21 de abril de 2020

Fogares conectados, martes 21 de abril.

NUNO

Bos días a tod@s! Temos fotiños de Nuno! Encántanos ver que vos axudan as nosas propostas e ver aos peques cun sorriso.

















LIA

Tamén nos chegaron unhas cantas fotiños de Lia que traballou moito estes días... calendario da asamblea, cociña, ovos de pascua, mural de agradecemento aos sanitarios e xogos manipulativos... Nesta casa é un non parar....














NAIRA

E Naira de 3 anos quiso compartir con todos o seu xogo estrela feito con material de refugallo que todos temos na casa. Mirade que elefantiño tan chuli para xogar con canicas... Superdivertido Naira!




Graciñas a tod@s familias por compartir estes momentos connosco. 
Unha aperta grande. Un día máis, un día menos!