miércoles, 31 de mayo de 2017

Visita á pastelería Melosa

Hoxe fixemos unha saída moi pero que moi doce,  visitamos a Pastelería Melosa. Tras un moi gustoso paseiño polas rúas da parroquia chegamos ao noso destino. Só con entrar entraba fame pois o olor aos boliños recén feitos era incrible. Explicáronnos para que servían todas as máquinas que por alí tiñan, mostráronnos cómo amasaban a masa e deixáronnos facer un croinsant a cada un. Despois puidemos gozar do fantástico xardín con columpios e arboleda para rematar con unha deliciosa merendola (napolitanas de chocolate, croinsants, tortas e zumes). Moitas grazas familia "Melosa" por tratarnos tan ben e con tanto cariño!!.


martes, 9 de mayo de 2017

3º sesión con Ludantia

O pasado luns retomamos o obradoiros para modificar o noso patio. Aquí vos deixamos un pequeno video do moito que traballamos


domingo, 7 de mayo de 2017

Actividade de Espazo Lectura polo día do Libro

O pasado 27 de abril acudimos a Gondomar a gozar dunha actividade proposta por Espazo Lectura.
Os pequenos pasaron xenial

miércoles, 3 de mayo de 2017

Un novo recuncho no patio

Esta semana estivemos construindo un novo espazo no patio de xogo . Con moito agarimo fomos pondo pouco a pouco cousiñas nos diferentes oco.
Agora temos unhas preciosas plantas aromáticas.
Grazas Familias por colaborar!!

Plantas Aromáticas from A P on Vimeo.