miércoles, 10 de junio de 2020

Augamar

Bos días purrusquit@s!!
Pois seguimos coas pistas... por aquí ven unha medusa que tamén aparece no conto.
Que? Os facedes unha idea? Anémone, augamar... mmm volo estamos poñendo moi difícil! Pero é un conto que moitos de vos coñecedes porque xa o contamos no cole. Veña, veña seguide pensando e mentres aquí vai a proposta de hoxe.










 E aproveitando que estamos na semana dos Océanos non esquezades o que nos recorda Greenpeace.

Sabedes que se tiras mascarillas ou guantes ao chan poden chegar ao océano? Sabes que tardan máis de 100 anos en degradarse?
Dende greenpeace alértannos do aumento do plástico dun solo uso polo COVID-19 e da necesidade de responsabilizarnos dos residuos que xeramos.🐟

Aquí tedes máis información Greenpeace.

Bicos a moreas 💋💋💋





No hay comentarios:

Publicar un comentario