miércoles, 3 de junio de 2020

EXPERIMENTAR E REUTILIZAR


No conto da rá de tres ollos vimos cómo vivía nun lugar cheo de contaminación.
Hoxe propoñemosvos un experimento para poder observar os gases que emiten as fábricas utilizando unha botella baleira.
Con isto pretendemos que sexa máis fácil comprobar que os gases teñen efectos que sí que se poden observar. 
Aquí vos deixamos para que poidades probar na casa.
Podedes anotar os ingredientes, facer hipóteses e ver se se confirman ou se desminten....
Agardamos que vos guste moito!


Tamén vos queremos deixar algúns exemplos de xoguetes moi chulis que podemos facer na casa para reutilizar e axudar a xerar menos lixo. 
Para facer esta simpática tartaruga precisamos un anaco de goma eva e un anaco de botella baleira! Só temos que recortar a forma e pegalo ou atalo con lá. 






Tamén podedes facer (con axuda dun maior ) un reloxo de area unindo dúas botellas.
Ademáis de contribuír a xerar menos residuos é moi relaxante observalos e incluso podemos cronometrar canto tempo tarda en baixar a area!
Só tedes que enchela (podedes usar sal, sal de baño, area...)e poñer cartón para cerrala. Así quedou o noso resultado.

E vos, qué xoguetes vos atrevedes a crear reutilizando?

No hay comentarios:

Publicar un comentario