O noso corpo está cheo de posibilidades... e tamén de enerxía!
Seguro que estes días nos que puidemos saír un pouquiño da casa vos axudaron a cargar as pilas un pouquiño.
Queredes investigar se usando a enerxía do voso corpo sodes capaces de mover cousas sen tocalas?
Pois aquí vos deixamos uns experimentos que parecen pura maxia!
🌟EXPERIMENTOS DE ELECTRICIDADE ESTÁTICA
Agardamos que os desfrutedes moito.
Podedes debuxar as hipóteses do que credes que pasará e comparalas co que en realidade pasou no voso experimento na casa (se conseguístedes xerar moita enerxía, pouca... se se parece ou non ao que esperábades).
Cal foi o voso experimento favorito ou o que credes que mellor vos saiu.?
Ánimo e forza, seguide cargando a pila e o sorriso que xa falta menos!🌠🌈🌈🌈🌈
martes, 12 de mayo de 2020
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
-
Este trimestre realizamos a nosa exposición anual na biblioteca. O tema deste ano foi " África é..."
-
Ola familias: A partir de agora podedes ver o que pasa no día a día das aulas nos distintos blogues das profes . Estes blogues están na ma...
-
O pasado mércores o alumnado de E. Infantil fumos ata a pastelería Melosa . A saída proporcionóunos dúas experiencias fantásticas. Por un la...
No hay comentarios:
Publicar un comentario