miércoles, 6 de mayo de 2020

PROPOSTA NÓS XOGAMOS NA CASA


A semana pasada chegounos unha mensaxe de Sheila, a profe de prácticas que estivo connosco no cole durante boa parte do 1º trimestre. Nela explicaba que algunhas alumnas e alumnos da Universidade de Santiago do Grao de Educación Infantil, fixeran unha canle de youtube cunha boa batería de xogos para poder facer na casa cos pequen@s. Comentounos que gustaríalle que chegara ás casas dos alumnos e alumnas de infantil de Vincios que tanto botaba en falta. Así que decidimos poñervos un enlace no blogue para que poidades ter coñecemento e acceso a estes xogos feitos con tanto agarimo por estes estudiantes e futuros mestres. Esperamos que vos sexan de utilidade!




Para poder acceder clicade neste enlace e posteriormente o vídeo explicativo teredes que clicar novamente no texto #nósxogamosnacasa que aparece debaixo do video:




No hay comentarios:

Publicar un comentario