lunes, 27 de enero de 2020

Exposición "Sonoro empeño"


Aquí tedes as fotos da saída que fixemos a semana pasada á exposición "Sonoro empeño", non podiamos estar máis ilusionados xa que era a nosa primeira saída deste curso escolar, e para os pequenos de tres, a súa primeira saída do cole!

Puidemos gozar dunha selección de obras de arte de autores como Kandinsky, Pablo Picasso, Castelao ou Luís Seoane, entre moitas máis figuras notables da arte. Os guías explicáronnos a relación entre a música e os cadros que observabamos e estivemos moi atentos. Pasámolo xenial e estamos a desexar repetir pronto!




No hay comentarios:

Publicar un comentario