Este luns tivemos a sorte de contar cunha visita moi especial. Xa que no cole estamos co proxecto "Do, Re, Mi...bailamos porque sí", Dani o tío de Enzo de 3 anos quixo celebrar o seu aniversario facendo un contacontos para infantil no que, ao ritmo do seu bombardino, recreou a historia de "As clases de tuba". Nel puidimos gozar de notas graves e agudas e de diferentes ritmos segundo ía pasando a historia...Despois puidemos gozar cun mini concerto con cancións moi coñecidas sobre o circo que debíamos adiviñar e poñer letra. Grazas Dani pola túa visita e por facernos pasar un rato tan divertido e moitísimas felicidades para Enzo!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
-
Este trimestre realizamos a nosa exposición anual na biblioteca. O tema deste ano foi " África é..."
-
Ola familias: A partir de agora podedes ver o que pasa no día a día das aulas nos distintos blogues das profes . Estes blogues están na ma...
-
O conto que vos contaremos hoxe trata sobre COMPARTIR . Esta tarefa é bastante difícil especialmente en idades tan pequenas como son as d@s...
No hay comentarios:
Publicar un comentario