O pasado 25 de novembro celebrouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e dende o ciclo de infantil quixemos deixar claro que estamos totalmente en contra de calquera tipo de violencia, por suposto, tamén en contra da violencia de xénero. Eleximos o conto "Cuando las niñas vuelan alto" de Raquel Díaz Reguera para facer pensar aos pequenos todas aquelas cousas que ás veces nos impiden conseguir aquilo co que soñamos e despois fixemos un obradoiro moi especial, no que tecimos as nosas alas para voar ben alto. Entre todos rematamos o traballo cun mural colectivo no que deixamos claro o noso rexeitamento a este tipo de actitudes. Mirade que chulo quedou!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
-
Hoxe queremos compartir convosco o conto : "A ovelliña que veu cear " 👉 A OVELLIÑA QUE VEU CEAR Este conto da edit...
-
COMO A SEMANA PASADA CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL E A PROPOSTA DOS FOGARES CONECTADOS ÍA ENCAMIÑADA AOS CON...
-
Bos días familias! Os deixamos algunhas propostas moi sinxelas sobre grafomotricidade e lecto-escritura. Só necesitades materiais que todos ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario