O pasado 25 de novembro celebrouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e dende o ciclo de infantil quixemos deixar claro que estamos totalmente en contra de calquera tipo de violencia, por suposto, tamén en contra da violencia de xénero. Eleximos o conto "Cuando las niñas vuelan alto" de Raquel Díaz Reguera para facer pensar aos pequenos todas aquelas cousas que ás veces nos impiden conseguir aquilo co que soñamos e despois fixemos un obradoiro moi especial, no que tecimos as nosas alas para voar ben alto. Entre todos rematamos o traballo cun mural colectivo no que deixamos claro o noso rexeitamento a este tipo de actitudes. Mirade que chulo quedou!!
miércoles, 28 de noviembre de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
O pasado mes de maio todo o alumnado de infantil acudiu a sala Ártika para participar do espectáculo musical " A pastalería".
-
Este será os horarios do periodo de adaptación 2018-19
-
NOA Noa ensínanos algúns dos traballos que está a realizar na casa con axuda da súa familia... Moi Ben!! ¡Receitas de cociña! ...