jueves, 10 de abril de 2014

SAÍDA A GONDOMAR



O próximo 23 de Abril,día do Libro,o alumnado de E. Infantil imos ir a Gondomar.
Asistiremos invitados por Espazo Lectura , ao concerto do libro-cd Rosalía pequeniña, no Auditorio de Gondomar . O concerto estará a cargo da propia Uxía. Logo merendaremos todos xunt@s no Parque da Coelleira , a merenda e a bebida a levamos as profes, os nen@s non teñen que traer nada.
Despois de merendar asistiremos a un contacontos na Biblioteca Municipal, realizado polo equipo de voluntariado de Espazo Lectura.
Dende aquí agradecer aos membros de ESPAZO LECTURA todo o seu traballo  e a ilusión que poñen en todo o que fan.
Sóamente engadir que non podíamos estar máis contentos coa eleción do libro , nin que decir ten que é o noso libro, é a nosa Rosalía  e é coma nós .......PEQUENIÑA!!!!!

Bicos doces 
Eva

1 comentario:

  1. que ben! Martiño as sabe todiñas, nos xa fomos a este concerto den Baiona, pasámolo de medo.

    ResponderEliminar