sábado, 30 de agosto de 2014

SAÍDA FIN DE CURSO

Ola pequerrechos !!!!
As vacacións xa están chegando ao seu fin e dentro de pouco imos estar todos xunt@s de novo. Este vai ser un curso maravilloso , cheo de novas aventuras e  proxectos que levaremos a cabo coa maior das ilusións !!!
Cambiamos de clase , crecimos un pouco e xa non somos os peques do cole. Ide desenfundando as vosas mochilas porque o día 10 arrancamos ....
E para ir abrindo boca nada millor que recordar a última vez que nos vimos . Moitos bicos desta profe que non vos olvida.
Eva
Zaira

MATEO 

XABIER, MARTIÑO E ADHARA
ADHARA , ZAIRA E ANTÍA



NICO



ALEJANDRO

LOIS E AMANDA


IKER E LÍA

ANTÍA


ALEJANDRO E AMANDA





NICO,LUCCA,XABIER,ADHARA E MARTIÑO
LUCCA E NICO



ZAIRA , EMMA E LUCCA

lunes, 16 de junio de 2014

Unha visita moi especial

Ola a todos/as,

Hoxe tivemos unha visitiña moi especial. Viñeron a escola algúns nenos e nenas de 3 anos para coñecer o cole. 
Fixemos un monte de cousas: escoitamos música e vimos bailar ao alumnado de 4º (que ben o fan!), pintamos cos dedos no encerado máxico, paseamos pola aula de informática, visitamos a nosa futura aula e as demais clases de educación infantil, lemos libros na biblioteca, pasamos a comer galletas na cociña, visitamos o comedor da escola e acabamos no mellor sitio: XOGANDO CON PÁS E CALDEIROS NO PATIO. 

Estivemos encantados de que nos visitaran e esperamos que lles gustase moito a escola. 

Biquiños de chocolate aos novos ratiños do cole

viernes, 6 de junio de 2014

Día do Medio Ambiente 2014




O pasado día 5 de Xuño con motivo do día do medio Ambiente , os alumnos de tres anos, xunto co resto do colexio , plantamos a nosa árbore.
 A árbore elexida foi un KUMQUAT. ( naranjo enano ou naranjo chino) . Son un xénero de árbores e arbustos frutais da familia das rutáceas, estreitamente emparentados cos cítricos ,originarios da China.
Agora só nos queda cuidalo e observar como pouco a pouco vai medrando e poder degustar os seus froitos.




SAÍDA AO CINE

O pasado día 29 todo o alumnado do CEIP  fomos ao cine a ver a película de Disney " FROZEM ". O tempo non nos acompañou e case non se pudo disfrutar do parque a saída , pero a experiencia de todos xuntos foi  MARAVILLOSA
A película é fermosa , gustóunos tanto a grandes como a pequenos.Seguro que repetiremos !!!!
Aquí vos deixo unhas fotos deste día tan especial
Bicos



jueves, 29 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS EN 5 ANOS

Con cociñeiros coma os nosos que non se atreva a vir polo cole Chicote !!!!
Que ben o fixeron os nen@s máis maiores de Infantil .....Xa case son de Primaria e as  súas mestras están encantadas con eles.
Premede na imaxe para desfrutar desta actuación tan fermosa



miércoles, 21 de mayo de 2014

Alegría en 4 anos

Marabillosa actuación dos nen@s da clase de catro anos que co seu baile , e o seu ritmo contaxiaron en todos nós a súa  ALEGRÍA
Parabéns !!!!


PICADE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO







martes, 20 de mayo de 2014

Festival Letras Galegas en 3anos

O dia 15 de Maio os nen@s da clase de tres anos fixeron o seu debut no mundo do espectáculo.....
O éxito estaba garantido e non podía saír mellor. Bailaron , cantaron e sobretodo .... DESFRUTARON!!!!!
Moitos Bicos a estes nen@s deliciosos !!!
Pinchar na imaxe para ver o vídeo