martes, 17 de diciembre de 2013

CARTAS AOS REIS MAGOS

Os nenos e nenas de tres anos, con axuda dos seus padriños lectores de 3º, escribiron as cartas ás súas Maxestades para pedir os agasallos deste Nadal.
Aquí vos deixamos un vídeo no que podedes ver o proceso. Premede na imaxe!

Cartas aos Reis Magos

jueves, 5 de diciembre de 2013

lunes, 30 de septiembre de 2013

Marmelada de figos

Os nenos e nenas de 4 anos ían cociñar marmelada de figos coa thermomix. Invitáronnos a todos os nen@s de Ed. Infantil á súa andaina pola cociña. E así foi como elaboramos unha riquísima marmelada...Necesitamos
FIGOS

Benvidos ao novo curso!!!!

Ola a todos e todas,
Xa estamos de volta con moitas novidades e moi, pero que moi saborosas. Este curso 2013-2014 imos converternos en COCIÑEIROS E COCIÑEIRAS, prepararemos moitas receitas espectaculares e outras un tanto divertidas. Elaboraremos ricos pratos e, ademais, faremos unha ensalada de contos relacionados co tema: sopa de nada, gústame o chocolate, que tal vexetal?, etc.
 
Un biquiño de chocolate a tod@s

jueves, 2 de mayo de 2013

O Día do Libro

O 23 de abril celebramos o Día do Libro. Os nenos e nenas de Educación Infantil fomos ao parque da Coelleira; onde Espazo Lectura tiña organizada unha sesión de contacontos. Acudimos varios colexios  a contar e escoitar contos. Cada escola contaba un conto e escoitaba tres. Na nosa escola, a profe Ana de 4 anos contou o conto de Nadarín e nós escoitamos: El pájaro Pico, Carabuñas e Un gato na árbore. Resultaron moi interesantes e divertidos.
Logo, incluso houbo unha actuación de Fantoches Baj e os velocíclopes, Contos do Tranvía.
Pasámolo moi ben e agradecémoslle moito a actividade a Espazo Lectura.