Celebramos a graduación do alumnado de 6.º de Educación Infantil nun acto cheo de emocións, no que familiares e compañeiros compartiron este momento tan especial e gozaron dunha interpretación musical de «A la guerra yo no voy».
EDUCACIÓN INFANTIL
C.E.I.P. Serra Vincios (Gondomar)
lunes, 22 de junio de 2026
lunes, 18 de mayo de 2026
viernes, 15 de mayo de 2026
Obradoiro de Maio
Maio tráenos a primavera en todo o seu esplendor, polo que é o momento adecuado para pasalo ben cos elementos do entorno acercándonos as nosas tradicións.
Cada conmemoración convértese nunha oportunidade para aprender dun xeito lúdico, crear recordos e seguir medrando xuntos.
jueves, 14 de mayo de 2026
Visita da policia
Hoxe en Infantil vivimos unha mañá moi especial coa visita da Policía Local, unha experiencia chea de aprendizaxes e ilusión para os nosos peques. Coñecer de preto o traballo que realizan, ver o seu uniforme e descubrir como nos axudan no día a día foi algo que espertou moita curiosidade e entusiasmo entre todo o alumnado.
Algo que nos encanta en Infantil é ter visitas dos familiares dos nosos peques, e esta vez foi compartida por todo o alumnado de infantil. Grazas a Eloy por compartir este ratiño con nós e facer dunha mañá normal algo moi especial.
A través desta visita, os nenos e nenas puideron aprender sobre a importancia de respectar as normas, coidar dos demais e valorar o traballo das persoas que velan pola nosa seguridade. Sen dúbida, foi unha xornada para lembrar!
Saída ao Teatro
O pasado 5 de maio acudimos ao teatro AFUNDACIÓN para gozar dunha obra de monicreques infantil.
A historia captou a atención dos pequenos e aínda que non puidemos acudir ao parque foi unha excursión que nos gustou moito.
viernes, 27 de marzo de 2026
Exposición da Biblioteca
Este trimestre o alumnado de Infantil encargouse da exposición da biblioteca.
Se queredes descubrir o noso traballo só tedes que escanear os códigos do mapa e mergullarvos nas lendas das nosas provincias.
jueves, 26 de marzo de 2026
Musical "Pum Pum, quen hai?
O pasado mércores 18 de marzo acudimos a sala Ártika para disfrutar dun espectáculo en galego.
Pasámolo xenial e poidemos xogar un ratiño no parque.
-
Hoxe, 2 de abril, celébrase o Día Mundial da Concienciación do Autismo e, dende o Equipo de E.I queremos recordar a importancia que ten a n...
-
Ola pequerrechos !!!! As vacacións xa están chegando ao seu fin e dentro de pouco imos estar todos xunt@s de novo. Este vai ser un curso ma...

.png)